Proxecto eTwinning




O alumnado da Aula PT do CEIP San Xoán participa nun proxecto eTwinning con escolas europeas (Portugal, Turquía, Polonia e Rumanía) para traballar a historia que vive nas nosas casas.





________________________________________________________________________________



CURSO 2012/13

O alumnado da Aula PT do CEIP San Xoán participa nun proxecto eTwinning coa escola portuguesa EBI 1,2,3 Francisco Ornêlas de Câmara, en Illa Terceira (Azores)

Este é un percorrido polas súas actividades ao longo do curso:


1- PRESENTACIÓN DO PROXECTO

Neste enlace podes ver toda a noticia da presentación do proxecto aos alumnos
Neste enlace podes ver a presentación do Principiño aos alumnos


2- LIBRO ABERTO "O NOSO MAGOSTO"


Para o Magosto, os alumnos galegos e portugueses participaron na creación do Libro Aberto "O noso Magosto" no que toda a comunidade educativa fixo a súa aportación.




3- LIBRO "QUEN SABE ATAR OS ZAPATOS?"


Porque facer instrucións non é tarefa doada... Os nosos nenos fixeron un libro de instrucións para atar zapatos, e varios videos que podedes encontrar neste enlace.


4- OS PRESENTES DE NADAL


E pouco a pouco foi chegando o Nadal... e con el, os nosos mellores desexos para os amigos... Por iso, desde Becerreá preparamos un regalo para os nosos amigos portugueses, e recibimos, tamén, o seu.
Podes ver todo neste enlace.

5- LECTURA DE "EL PRINCIPITO"

No mes de xaneiro, os nenos da aula de PT lerán gran parte do libro El Principito, de Antoine de Sain Exupéry. Será interesante coñecer a historia deste pequeno príncipe chegado dun planeta pequecho e descoñecido... Anímaste á aventura?

Podes ver todo neste enlace. Tamén neste outro enlace.

6- DESCRICIÓNS DOS PERSONAXES


A seguinte fase consiste en describir os personaxes, inventar aspectos e persoas para que outros debuxen, deixar voar a imaxinación... pero desde o traballo diario.
Mira todo o que estamos a facer neste enlace.


7- ENTREVISTA A UN NOVO PARTICIPANTE

A chegada dun novo participante á escola portuguesa, fixo que nos puxésemos en condicións de saber máis sobre el, por iso, enviamos unhas preguntiñas...
Mira todo o que estamos a facer neste enlace.




8- POSTAS DE SOL E HORARIOS

A observación dunha posta de sol levounos a reflexionar sobre os horarios en diferentes partes do mundo.
Mira todo o que estamos a facer neste enlace.



9- ESTADÍSTICA E TEMPO

Aprender estatística serviunos para aplicala a calquera estudo, por exemplo este, do tempo en Becerreá e a Illa Terceira durante una semana.
Mira todo o que estamos a facer neste enlace.


10- TICS E VOCABULARIO

Aprendimos un pouco de vocabulario novo e fixemos unhas nubes de conceptos cunha ferramenta gratuíta atopada en Internet.
Mira todo o que estamos a facer neste enlace.


11- XOGO DE IDENTIFICACION / DESCRICIÓN

Sabedes xogar ás cartas de familias... Nós xogamos cos nosos compañeiros portugueses para encontrar a nosa parella...
Mira todo o que fixemos neste enlace

12- CELEBRANDO O DÍA DE EUROPA

O 9 de maio é o Día de Europa. Queredes ver o que fixemos para el?


Enlace

13- SESIÓN DE DIFUSIÓN eTwinning

Mirade que ben se explican estes nenos:


Enlace

No hay comentarios:

Publicar un comentario