domingo, 1 de marzo de 2015

FEBREIRO: Multiplicando...

Coa axuda de Marta Castro, estamos a practicar un novo método de multiplicación experimental, que forma parte do Traballo de Fin de Carreira da nosa compañeira Marta.

Este método vai ser desenvolvido na aula de PT cos alumnos que a ela acoden de 2º, 3º e 4º de Primaria.

Estas son imaxes dos días de práctica:








sábado, 28 de febrero de 2015

XANEIRO: O dragón comemedo

Os nenos de 2º comparten con nós a lectura do conto "O dragón comemedo"

Este é o vídeo:


viernes, 30 de enero de 2015

XANEIRO: Experimentos coa luz: Un arco da vella.

O 2015 é o ano da luz, polo que o noso alumnado ten que experimentar con este tipo de enerxía para coñecelo mellor.

Aquí están Dani e Javi, de terceiro, facendo a descomposición da luz. Como ben nos contou Lucía na entrada anterior, a luz é unha enerxía que, se ben parece branca, está composta por 7 cores, as cores do arcoiris.

Precisamente traballamos o arcoiris no proxecto europeo e na Semana da Paz. Agora, fixemos un par de arcoiris na clase. Mirade:



Pero, vimos que tamén se pode conseguir a descomposición da luz por outros medios:



Mirade como se consegue: