viernes, 5 de diciembre de 2014

DECEMBRO: Verificando a calidade da información

Cando buscamos información en Internet, precisamos asegurarnos de que sexa de calidade.

Cando escollemos un artigo, para recoller información, necesitamos analizalo para ter seguridade de que é o que precisamos.

Propoñemos este esquema para aplicar ás lecturas que buscamos en Internet. Cantas máis burbullas sexan positivas, mellor será a súa calidade. Proba a aplicalo á próxima busca de información: Coloca unha aspa se consideras que cumpre unha burbulla. Compara os resultados da túa análise cos dos teus compañeiros: Decidamos entre todos cales son os mellores artigos para a nosa busca!


Fontes:

Criterios de calidade: Enlace 1

Imaxe: CanStock Photo

No hay comentarios:

Publicar un comentario