martes, 21 de octubre de 2014

domingo, 12 de octubre de 2014

OUTUBRO: A voltas coa ortografía


O alumnado da aula PT participa activamente na Campaña para unha mellor ortografía que se está a desenvolver no colexio coa colaboración do ENDL.


Aparte da aprendizaxe das regras que se van traballando cada quincena, e da participación na Liga Profesional de Ortografía, mediante o uso de ferramentas TIC como Mindomo, as alumnas fixeron un mapa conceptual onde escribiron as regras de uso do <h> en galego, que repartiron por todas as aulas e colocaron no corredor adicado a esta regra.


Mira:



Este esquema está feito con MINDOMO. Podes entrar a facer un neste enlace.

Xogos para practicar Ortografía:


jueves, 9 de octubre de 2014

OUTUBRO: Aprendemos cousas sobre animais

Fátima e Lucía están descubrindo canto saben sobre animais, para iso, están co seu proxecto de "Visitamos un zoo e un museo".

Xa fixeron algúns esquemas con informacións importantes: (uso da ferramenta TIC Mindomo)








E aquí temos xogos que nos axudan a fixar todas as aprendizaxes:

Xogo 1

Xogo 2 (alimentación)

Xogo 3 (practicando inglés)

Xogo 4 (mamíferos)


miércoles, 8 de octubre de 2014

OUTUBRO: CONQUISTANDO A ESCRITA...


Ás veces as palabras parecen moi, moi, moi difíciles de escribir.




Parecen interminables e complicadas... Algúns habitantes da Aula PT teñen que loitar duro contra as trampas que encerran.


Aquí hai algúns xogos que poden axudalos a aprender eses trucos tan necesarios...