domingo, 28 de septiembre de 2014

SETEMBRO: NOVO CURSO NA AULA DE PT!

Comeza un novo curso e os habitantes da Aula de PT estamos preparados para emprendelo con forza e aprender moito máis.

Seguiremos aprendendo para dominar a lectura e a escritura, para descubrir o que o mundo esconde, calcular e estimar todos os números e as súas combinacións... En fin, faremos un pouco de todo!

Como conseguimos outro Selo de Calidade Nacional polo noso proxecto eTwinning do pasado curso, neste ano comezaremos outro proxecto máis, pero aínda non vos comentamos nada... Teredes que esperar pola nosa EXCLUSIVA! 

Desexamos a todos os que nos ledes, un felicísimo curso... e enviámosvos todas as forzas do mundo para conseguir todos os obxectivos nel.