jueves, 17 de abril de 2014

ABRIL: SAÍDA DIDÁCTICA

O día 11 fixemos unha pequena excursión polo contorno. Puidemos ir ver o Mosteiro de Santa María de Penamaior, nas ladeiras da Serra do Pico. É cisterciense e foi construído en 1177.


Tamén fomos ver a Escola Agraria de Alta Montaña, moi preto do Pico, onde disfrutamos da visita guiada do persoal da mesma, que nos explicou como funcionaba, que estudos impartía... Visitamos as instalacións e regresamos con ideas novas.