sábado, 15 de marzo de 2014

MARZO: ESES HORRIBLES ACENTOS!

Pois si, os acentos e as tildes seguen sendo un problema na aula PT, así que, imos xogar con eles e con elas ata que as palabras esdrúxulas, graves e agudas sexan convidadas alegres nos nosos escritos...




Vexamos como:





Máis recursos


viernes, 14 de marzo de 2014

MARZO: OBRADOIRO DE LECTURA DE FACTURAS / RECIBOS E TICKETS

Coincidindo coa celebración do Día dos Dereitos do Consumidor, o alumnado ACI do centro participou nas actividades programadas.

Previamente, Lucía e Jéssica visitaron unha sucursal bancaria para facer un ingreso (resultante do Mercado Solidario) e interesarse por recoller información acerca de préstamos.


Durante a semana do 24 ao 28 de marzo, as clases de matemáticas da aula PT convertíronse en obradoiros de lectura de facturas, recibos de pago e tickets.

Mira as imaxes:

E as conclusións do estudo:


jueves, 13 de marzo de 2014

MARZO: Día da Muller Traballadora

O Día da Muller Traballadora é o día 8 de marzo. No cole celebramos este día con varias actividades.

As nosas alumnas Lucía e Jéssica participaron activamente nunha delas.

A nosa comunidade educativa participou enviándonos as imaxes de nais traballadoras da nosa escola, as mulleres traballadoras da escola, tamén. E todos nós disfrutamos da súa exposición e rendemos unha homenaxe a todas as mulleres do noso contorno, que traballan cada día para facer as nosas vidas máis fáciles.

Outra das actividades do día era facer unha recollida das profesións das nosas nais, para o que habilitamos un taboleiro na entrada. Precisamente, do estudo dos resultados deste reconto, encargáronse Lucía e Jéssica.

Este foi o proceso:


Este é o taboleiro


Aquí temos o reconto feito








Lucía e Jéssica fixeron os gráficos que reflicten os datos estatísticos




E o contarán o día 28 para 5º e 6º.




martes, 4 de marzo de 2014

FEBREIRO: CORREO ELECTRÓNICO E CORREO POSTAL

Para o proxecto europeo eTwinning, Jéssica e Lucía tiveron que prepararse para esciribir, por iso, melloramos un pouco a nosa técnica no correo electrónico, pero aprendimos máis sobre o correo postal, ese co que hai anos todo o mundo se comunicaba.

Así que traballamos sobre:

1. A DIRECCIÓN POSTAL

As nosas direccións son a identificación das nosas casas. Aprendimos o que significa cada parte da dirección postal.


2. PRACTICAMOS CO GOOGLE MAPS

Buscamos as nosas casas e as dos coñecidos, botamos a andar o Street Viewer e divertímonos buscando lugares.



3. EXPERIMENTAMOS FACENDO SOBRES

Seguindo as instucións do Portuguese Team.




4. ESCRIBIMOS CARTAS AOS NOSOS COMPAÑEIROS EUROPEOS

Ao seu nome, á súa dirección, cos nosos mellores desexos.



5. VISITAMOS A OFICINA DE CORREOS

(con axudas moi especiales, pois fomos apoiadas pola clase de 6º e por María, nai de  Cristina de E.I., membro da ANPA e Luís Miguel, o noso carteiro favorito)

O día 6 fomos ata a Oficina de Correos de Becerreá, onde fomos moi ben atendidos por María. Alí aprendimos tantas cousas que... decidimos que será a nosa aportación para a Revista Escolar.

Entre as cousas que aprendimos: como funciona a recollida e envío de cartas e paquetes, o que é unha PDA, o que é o código postal e a súa importancia, como cubrir un sobre adecuadamente, a diferencia entre correo ordinario e certificado, e ata escribimos unha carta para a profesora Gema.

Estas son imaxes do día:



E esta é a nosa redacción do feito este día.
   

6. ENTREVISTAMOS O NOSO CARTEIRO, LUIS MIGUEL.

Na nosa visita a Correos, aproveitamos a descubrir cal é o traballo que, cada día, fan os carteiros que nos permiten recibir o que os nosos amigos nos envían.
Explicounos e ensinounos onde traballan, como organizan os pedidos, como os informatizan, etc.