viernes, 31 de enero de 2014

XANEIRO: Semana da Paz

A última semana de xaneiro o noso cole celebra a Semana da Paz. Durante esta semana participaremos en todas as actividades programadas.




Aparte diso, Jéssica e Lucía prepararon un xogo para todos os alumnos: trátase de, coa información que agora temos de Nelson Mandela, ordenar distintos momentos da súa vida, pegando o círculo adecuado na imaxe alusiva correcta.

O xogo vai estar colocado na entrada durante todo o tempo que se manteña a decoración da Paz.



Mira o proceso de elaboración do xogo:


Aquí podes ver a alumnas de terceiro resolvendo a secuencia.


Tamén colaboramos coa tradución do poema "Señora Veciña". Os nosos compañeiros de Proxecto Europeo fixeron a súa propia tradución... Mirade:

martes, 28 de enero de 2014

XANEIRO: De viaxe

Durante o mes de xaneiro, Lucía é Jéssica estiveron a traballar sobre as viaxes: kilómetros, equipaxes, orzamentos....

O resultado desta experiencia é aprender a planificar unha viaxe. Ao final deste estudo, as dúas nenas presentaron a súa proposta de viaxe, que inclúe: destino, orixe, prezos, medio de transporte, qué ver nese lugar... Podes ver aquí os documentos elaborados.

Para iso, comezaron coa unidade "Un largo viaje" de "Trabajando las 8 competencias básicas".

Tamén tiveron que traballar con calculadores de distancia e itinerarios, como a Guía Repsol.

Organizaron viaxes nunha Axencia on Line.

Tamén tiveron que aprender cousas sobre os Medios de Transporte.

E algo viron sobre os Sinais de Tráfico

02_viaxe

E practicaron xogando cos mapas e as equipaxes:

Xogando co mapa das Comunidades Autónomas de España - Xogo 2

Control de Comunidades Autónomas de España

Xogando co mapa das Provincias de España

Provincias de Galicia - Control -

Estados da Unión Europea

Xogando a ser empregado nunha Axencia de Viaxes

XANEIRO: Esas horribles táboas de multiplicar...

Como sabedes, na primaria temos que dominar ao máximo as táboas de multiplicar... 

Na aula de PT temos algúns xogos para nos axudar neste intento.

Xogo 1