martes, 23 de abril de 2013

ABRIL 2013: A VOLTAS COAS DESCRICIÓNS


Coñecedes os xogos de cartas de familias?

Pois os nenos que veñen á aula de PT xogan con outros nenos que están nunha escola portuguesa a algo parecido. (proxecto eTwinning)

Veredes: cada neno ten medio debuxo. E non saben cales son os debuxos dos outros.
O xogo consiste en encontrar a parella, a outra metade do debuxo. Para iso, todos teñen que describir a metade do debuxo que teñen, por escrito e falando nun video, logo, teñen que ver as descricións de todos os compañeiros, ata que encontren a que se corresponde coa súa metade.
Así que fagan a súa parella "gañan!"

Se queredes saber máis deste xogo, premede neste enlace.


ABRIL: UNHA PRIMAVERA CHEA DE CONTOS

O 23 de abril, celébrase o día do libro. Nós, desde a aula de PT tamén participamos na celebración deste día e na decoración da nosa primavera chea de contos.

Podedes ver neste video o moito que traballou Mariam para a súa ilustración do seu conto preferido. Os tres cerditos.


E aquí tes o video do conto - musical:


martes, 16 de abril de 2013

ABRIL: Programas de puntos

A pasada semana Borja conseguiu encher a súa folla de puntos, gañados polo traballo que fai na aula de PT. Por iso, foi  merecedor da sorpresa prometida...
Queredes saber cal era? Vinte minutos extra de recreo para toda a súa clase!!
Aproveitaron para o que máis lles gusta... especialmente: O Fútbol!


jueves, 11 de abril de 2013

ABRIL 2013: Xogos para discriminar sílabas - palabras - oracións

Aínda que traballamos con abecedarios de cores... tamén nos gusta xogar co ordenador.
Aquí están algúns enlaces para os xogos das clases de 2º. Queredes practicar connosco?

ABRIL 2013: Establecendo rutinas

Na busca da súa autonomía, Mariam traballa rutinas que a axuden a finalizar tarefas e comezar novas actividades. Queredes ver que ben o fai?

Rutina: Cambio de actividade Piano - Ordenador: Recollida de piano, apagado, recollida de almofadas, petición con sinal na fotografía adecuada, achegamento á mesa do ordenador e colocación de silla.

Mira o video en que o fai:

ABRIL 2013: Decoración de primavera na aula PT

Axudamos a decorar a escola para a primavera, pero tamén queremos reflectir a beleza desta estación na nosa clase...
Podedes ver aquí os resultados e os procesos:

Mariam e o seu floreiro:

A decoración da entrada da clase:


ABRIL 2013: Estatística e as parroquias de Becerreá

Para traballar máis co Mapa de Becerreá da entrada do colexio, Lucía e Jéssica fixeron un estudo estatístico sobre os nenos que hai en cada parroquia, e elaboraron gráficos estatísticos de barras para darnos unha idea de cómo se distribúe a poboación da nosa escola segundo as parroquias nas que vive.

Este é o resultado do gráfico que fixo Lucía, que inclúe os alumnos que hai en cada parroquia do Concello e os alumnos que, vivindo noutros concellos (Nogais e Baralla) veñen ao noso colexio:


Este é o resultado do gráfico que modificou Jéssica e elimina a barra de Becerreá para ver, mellor, como se distribúen os nenos noutras parroquias:


Agora... unha reflexión: Por que hai tan poucos nenos nalgunhas parroquias? Por que case todos os nenos viven en Becerreá vila?

ABRIL 2013: Unidade didáctica "As compras"

Lucía e Jéssica andan a traballar cunha unidade didáctica sobre as compras. Traballaremos con prezos, cantidades, diferentes áreas comerciais...
Podes ver aquí algúns dos seus traballos:
ACTIVIDADES ON LINE SOBRE COMPRAS