miércoles, 18 de diciembre de 2013

XANEIRO: Feliz 2014

Para iniciar o curso con enerxía, nada como un bo calendario personalizado!
Aquí están os nosos:

Funny Pictures




Funny Pictures

domingo, 15 de diciembre de 2013

DECEMBRO: Un novo proxecto eTwinning.

Para os vindeiros meses todos os alumnos da aula de PT participarán, en distinta medida, nun novo proxecto europeo eTwinning: "A historia da miña casa", nel aprenderemos moito sobre poboación, materiais, paisaxe, historia... 
Se queredes compartilo connosco, non esquezades visitar este blog: A historia da miña casa

jueves, 12 de diciembre de 2013

DECEMBRO: De repaso...

Para estes días de fin de trimestre... Un pouco de repaso de todo:

Horas, Minutos, Segundos... O reloxio

Días, semanas, meses, anos... O calendario

Céntimos, euros... As compras

Letras, palabras, oracións...

Nutrintes, alimentos... A cociña: desde a tarta ata a pizza, as queixerías...

Saúdos, enlaces... O correo electrónico

Bo trimestre de aprendizaxes para Luci e Jéssica.


lunes, 25 de noviembre de 2013

NOVEMBRO: Reservas da Biosfera

O 25 de novembro participamos dunha actividade para todo o centro:

A visita do Barco Muralla de Lugo

que nos veu amosar a Reserva da Biosfera Ancares Caurel, á que pertencemos.


NOVEMBRO: As compras e a alimentación...

Durante o mes de outubro e novembro, Lucía e Jéssica aproveitaron a practicar cos euros en compras ficticias e reais.
Estas compras estiveron centradas, básicamente, noutro gran tema de estudo: a alimentación.

Queredes compartir connosco as aprendizaxes?

1. A nutrición, coa profe Ana Neira.
2. As compras no supermercado, coa profe Ana Neira.
3. As compras referidas a un espectáculo: U.D.I. "El conciertazo", de "Trabajando las competencias básicas"
4. Despedida da profe Ana Neira ao fin das súas prácticas connosco: Un café entre amigas, visita ao Bar Poy.

Euros, pagando...

5. As compras referidas á alimentación. U.D.I. "Visita a una quesería", de "Trabajando las competencias básicas"
6. Fichas específicas de competencias básicas aplicadas ás compras "Telepizza, dígame"
7. Juegos de compras on line: a listaxe da compra, facer a compra solicitada, na frutería.

viernes, 1 de noviembre de 2013

OUTUBRO: Premios ao noso traballo

Si, compañeiros. O noso proxecto do curso pasado "Cautivar con lecturas: O principiño que vive na Biblioteca" recibiu os seguintes premios

Selo de Calidade Nacional en Portugal e España
Selo de Calidade Europeo

Estamos moi satisfeitos polo traballo igual que polo recoñecemento que desde o Ministerio de Educación se nos deu.

Parabéns a todos!!

Ver o certificado de Selo de Calidade Nacional

Ver o certificado de Selo de Calidade Europeo

Acceso á listaxe de centros educativos premiados co Selo de Calidade Europeo en toda Europa

Nova no Blogue da Embaixada eTwinning en Galicia. 

martes, 8 de octubre de 2013

OUTUBRO: AS SECUENCIAS TEMPORAIS




Pensastes algunha vez o difícil que pode ser ordenar algo?
Non, non me refiro a ordenar o armario, senón unha historia...

Uf! Pois haberá que preparar iso, non?




martes, 1 de octubre de 2013

SETEMBRO: ESPAÑA...



É grande de máis, por iso, aínda nos queda algo por aprender dela, das súas comunidades, as súas provincias, os mares e os ríos que a bañan...

Velaquí Lucía e Jéssica a traballar no mapa de España:


Practica con elas nesta actividade de Clic:


SETEMBRO: Calendario e horas...


Ás veces non é doado saber que día é, cantos meses faltan para o fin do ano ou en cantos días será o teu aniversario...

Lucía e Jéssica están nesas... Mirade como teñen a clase:

Podes practicar con elas nalgunha destas actividades:

SETEMBRO: Mermelada de moras...


Lucía e Jéssica participaron nun obradoiro de elaboración de mermelada polo xeito tradicional.
No seu desenvolvemento, estiveron cos seus compañeiros e, para todos, fixeron este video no que nos recordan como é a receita da mermelada...


SETEMBRO: Os convidados á aula de PT.

Este ano, hai algunha novidade... por iso, temos nos traballos da aula de PT a alumnos novos... Preséntovos:

Lucia e Jéssica:

Mario e Borja:

José:

Eles serán os protagonistas este ano... a ver con que nos sorprenden...

sábado, 8 de junio de 2013

XUÑO: Sesión de difusión do proxecto eTwinning.

Todos os nenos da aula pt prepararon unha sesión de formación entre iguais para explicar o que fixeran, durante este curso, para o seu eTwinning "Cautivar con lecturas", adicado ao Principiño.

Para iso, despois da presentación, a cargo de Juan, Borja e Mario, vimos o glogster cos seus videos explicativos e, por ultimo, contamos coa colaboración dos nenos de 1º e 2º, que nos cantaron a canción que inventamos para pechar o proxecto, protagonizada polo Prinicipiño.

Podedes ver, neste enlace, todos os materiais. Aquí, deixámosvos co glogster preparado. 


viernes, 17 de mayo de 2013

MAIO: Viaxe histórico a Lugo

O día16 de maio, Lucía, Jéssica e Mariam viaxaron a Lugo para ver o MIHL, a carpa do Neolítico e a Biblioteca Nodal.
Foi un día moi especial.

lunes, 13 de mayo de 2013

MAIO: O noso póster, entre os máis votados.

Aínda non rematou o prazo, pero o cartaz que presentamos para a Campaña de Primavera eTwinning está entre os máis valorados, como podes ver na seguinte imaxe.

Moitas grazas a todos os que nos votastes!



miércoles, 8 de mayo de 2013

MAIO: Día de Europa

O 9 de maio é o Día de Europa. É un día importante para a superación de fronteiras, pero para nós, os nenos da aula PT é, ademais, especial, porque durante todo este curso estivemos desenvolvendo un 
PROXECTO EUROPEO eTwinning,

chamado "Cautivar con lecturas: O Principiño que vive na Biblioteca" con alumnos do país veciño, Portugal.

Para seguir o noso proxecto está o blogue "Cautivar con Lecturas", onde fomos colocando todas as nosas actividades e traballos.

Para a celebración do día de hoxe, preparamos a decoración da nosa aula:

Tamén levaremos a cabo unha sesión divulgativa do proxecto para os grupos de referencia de todos os alumnos da aula PT.

Participamos na Campaña de Primavera eTwinning, presentando un poster sobre o día de hoxe:




martes, 7 de mayo de 2013

MAIO: O día das Letras Galegas

O vindeiro 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas.
A aula PT participará das actividades que se programaron para ese día, igualmente, na decoración que ben podería chamarse "Unha primavera chea de chuvia de letras". Para iso, coa axuda de Mariam, fíxose un libro enorme, para pendurar do teito do vestíbulo, e parte dos paraugas que representan a chuvia de letras. Mirade:


domingo, 5 de mayo de 2013

MAIO: O Día da Nai

Un día como o primeiro domingo de maio é para celebrarmos... Por iso, este ano, Mariam preparou dous regaliños para o Día da Nai: un cos seus compañeiros de clase, unha bonita pulseira, outro na aula PT, unha caixiña chea de sorpresas.
Queredes vela?

martes, 23 de abril de 2013

ABRIL 2013: A VOLTAS COAS DESCRICIÓNS


Coñecedes os xogos de cartas de familias?

Pois os nenos que veñen á aula de PT xogan con outros nenos que están nunha escola portuguesa a algo parecido. (proxecto eTwinning)

Veredes: cada neno ten medio debuxo. E non saben cales son os debuxos dos outros.
O xogo consiste en encontrar a parella, a outra metade do debuxo. Para iso, todos teñen que describir a metade do debuxo que teñen, por escrito e falando nun video, logo, teñen que ver as descricións de todos os compañeiros, ata que encontren a que se corresponde coa súa metade.
Así que fagan a súa parella "gañan!"

Se queredes saber máis deste xogo, premede neste enlace.


ABRIL: UNHA PRIMAVERA CHEA DE CONTOS

O 23 de abril, celébrase o día do libro. Nós, desde a aula de PT tamén participamos na celebración deste día e na decoración da nosa primavera chea de contos.

Podedes ver neste video o moito que traballou Mariam para a súa ilustración do seu conto preferido. Os tres cerditos.


E aquí tes o video do conto - musical:


martes, 16 de abril de 2013

ABRIL: Programas de puntos

A pasada semana Borja conseguiu encher a súa folla de puntos, gañados polo traballo que fai na aula de PT. Por iso, foi  merecedor da sorpresa prometida...
Queredes saber cal era? Vinte minutos extra de recreo para toda a súa clase!!
Aproveitaron para o que máis lles gusta... especialmente: O Fútbol!


jueves, 11 de abril de 2013

ABRIL 2013: Xogos para discriminar sílabas - palabras - oracións

Aínda que traballamos con abecedarios de cores... tamén nos gusta xogar co ordenador.
Aquí están algúns enlaces para os xogos das clases de 2º. Queredes practicar connosco?

ABRIL 2013: Establecendo rutinas

Na busca da súa autonomía, Mariam traballa rutinas que a axuden a finalizar tarefas e comezar novas actividades. Queredes ver que ben o fai?

Rutina: Cambio de actividade Piano - Ordenador: Recollida de piano, apagado, recollida de almofadas, petición con sinal na fotografía adecuada, achegamento á mesa do ordenador e colocación de silla.

Mira o video en que o fai:

ABRIL 2013: Decoración de primavera na aula PT

Axudamos a decorar a escola para a primavera, pero tamén queremos reflectir a beleza desta estación na nosa clase...
Podedes ver aquí os resultados e os procesos:

Mariam e o seu floreiro:

A decoración da entrada da clase:


ABRIL 2013: Estatística e as parroquias de Becerreá

Para traballar máis co Mapa de Becerreá da entrada do colexio, Lucía e Jéssica fixeron un estudo estatístico sobre os nenos que hai en cada parroquia, e elaboraron gráficos estatísticos de barras para darnos unha idea de cómo se distribúe a poboación da nosa escola segundo as parroquias nas que vive.

Este é o resultado do gráfico que fixo Lucía, que inclúe os alumnos que hai en cada parroquia do Concello e os alumnos que, vivindo noutros concellos (Nogais e Baralla) veñen ao noso colexio:


Este é o resultado do gráfico que modificou Jéssica e elimina a barra de Becerreá para ver, mellor, como se distribúen os nenos noutras parroquias:


Agora... unha reflexión: Por que hai tan poucos nenos nalgunhas parroquias? Por que case todos os nenos viven en Becerreá vila?

ABRIL 2013: Unidade didáctica "As compras"

Lucía e Jéssica andan a traballar cunha unidade didáctica sobre as compras. Traballaremos con prezos, cantidades, diferentes áreas comerciais...
Podes ver aquí algúns dos seus traballos:
ACTIVIDADES ON LINE SOBRE COMPRAS

viernes, 29 de marzo de 2013

ABRIL: SESIÓN DE ENTRENAMENTO


Cun texto de O Pequeno Nicolás, de Sempé e Goscinny, preparamos esta sesión de entrenamento de lectura:

Queres facela connosco?



domingo, 17 de marzo de 2013

ABRIL: E agora a separar palabras

Con entrenamento adecuado, xa podemos ir separando palabras sen erros. Iso serviranos para escribir e ler correctamente en clase, na casa, na rúa... Porque ler é unha actividade que nos afecta en calquera parte da nosa vida... parástesvos a pensar niso?

Xogo de separación de palabras.
Xogo de ordenar palabras nunha frase:
Xogo da Cova de Tragapalabras.




MARZO: Esas unións de palabras

Unir e separar palabras non sempre é tarefa doada... E se non que llo pregunten aos novos habitantes da aula de PT. Estamos a desenvolver un programa de reeducación deste proceso lectoescritor que inclúe varios pasos, o primeiro, desenvolver a conciencia léxica.
Para iso traballamos con crebacabezas, lotos de debuxo-palabra, oracións recortables...

Xogo de Pegapalabras
Actividades de ordenar palabras dunha oración
Actividades de separar palabras correctamente (inclúe palabras e letras mal unidas)


En casa podedes practicar con estes exercicios, de M. C. Pérez.
Tamén nas actividades de "separar" deste enlace.


MARZO: Becerreá

O noso concello é, ás veces, o grande descoñecido. Neste trimestre iniciamos actividades de recoñecemento deste territorio.
Lucía e Jéssica contribúen coa súa participación:
  • Resolución do mapa do concello
  • Exposición de fotos de espazos abandonados do concello
  • Resolución de actividades do caderno 2 do Proxecto Terra.

MARZO: Nubes de palabras

Aprender vocabulario é, ás veces, algo creativo. Lucía e Jéssica fixeron unha nube de palabras a partir de descubrir o que significa "cautivar", o concepto fundamental do noso proxecto eTwinning.
Podedes ver toda a nova aquí.

Wordle: cautivar

MARZO: Postas de sol e horarios...

Vendo a hora á que a posta de sol se produce, reflexionamos sobre os horarios en distintas partes do mundo, e traballamos sobre iso, recordando, tamén o funcionamento do reloxio.
Podedes ver aquí toda a noticia no blogue do proxecto eTwinning.

MARZo: Estadística aplicada ao tempo

Jéssica e Lucía traballaron os gráficos durante este trimestre. Mirádeos aplicados ao tempo nesste traballo do Proxecto eTwinning.
Enlace ao artigo.

sábado, 16 de marzo de 2013

MARZO: A decoración de primavera






A aula de PT contribuíu á decoración de primavera do centro, Mariam axudou a pintar as pezas das casas de paxaros que achegamos. Este foi o proceso e o resultado:




Estas son as casas e os animais elaborados desde a aula de PT


domingo, 3 de marzo de 2013

MARZO: Novos xogadores no equipo de lectoescritura


O noso equipo conta con dous xogadores novos: Mario e Juan.
A ver que nos aportan eles, desde a súa especialidade... para empezar... faremos asociacións, frases, xogos...
Benvidos!

MARZO: Rotuladores

Que facer cos rotuladores que non teñen domicilio?
Pois mirade a proposta feita por Mariam para os gardar: Unha caixiña feita con papel e decorada con pintura e fotos. Desta volta a pintura fíxose con bastonciños de algodón. Queredes ver o proceso?

viernes, 22 de febrero de 2013

FEBREIRO: Os hortos 2

Despois de traballar contidos máis teóricos en base a diferentes competencias básicas, lanzámonos a coñecer o que se planta nos hortos dos alumnos deste centro, así como as hortalizas que máis se usan no comedor escolar.
Para iso, Jéssica e Lucía foron as encargadas de pasar unhas enquisas ás cociñeiras do noso cole e aos nenos de 5º curso.
Aquí podedes ver o proceso de traballo:

Aquí podedes ver os documentos e os gráficos elaborados coa información adquirida.


Estas son as conclusións extraídas por Lucía e Jéssica:


martes, 19 de febrero de 2013

FEBREIRO: Lectores veloces

Agora toca facer lecturas cada vez máis longas, cada vez máis rápidas... Para iso, seguimos co seguinte programa:

Lecturas do libro de clase

Lectura do libro "O Pito Cairo"

viernes, 8 de febrero de 2013

FEBREIRO: AS LECTURAS DO PRINCIPITO

Para o noso proxecto eTwinning, os nenos da aula de PT estamos a ler O Principiño, de Antoine Saint Exupéry. Tamén estamos a realizar tarefas en conxunto cos nosos compañeiros das Illas Azores.

Esta é a colaboración de Mariam para facer as marionetas
Aquí está o vídeo da lectura do capítulo elixido por nós.

Jéssica e Lucía descobren o libro

lunes, 28 de enero de 2013

FEBREIRO: As descricións

Para este mes temos previsto aprender moito sobre as descricións de persoas, animais e lugares.
Para iso precisamos coñecer vocabulario novo, normas de redacción e moita, moita orde para contar as cousas...
Contamos con varias axudas na clase, para non esquecernos, pero queda unha boa camiñada de práctica... e a ortografía... Uff...

A ver como nos sae todo:

Descricións de animais: Traballo de aula

Descricións de persoas: O Principiño do Proxecto eTwinning - Outras descricións

Descricións de lugares: O Proxecto Terra.

XANEIRO: A aula PT e a Paz



No desenvolvemento das actividades relacionadas coa celebración da Paz, a aula de PT participou activamente, coa decoración dos bonecos que nos representan para o vestíbulo do centro.


Tamén elaboramos un mural cunha pombiña moi colorida, que xa nos vai preparando para a chegada do Entroido, que nos convertirá en hipies...
As mans que axudan a facer a paz tamén están na nosa aula.

Se tes curiosidade por saber por que recorremos a unha pombiña para simbolizar a paz, Jéssi e Lucía cóntancho neste video:


miércoles, 9 de enero de 2013

XANEIRO: OS HORTOS

Iniciamos, este mes un traballo sobre hortos. Será itneresante aprender sobre as hortalizas, o seu uso, cando se sembran e recollen, os meses do ano, a cociña e a horta, as unidades de peso...
Para iso traballaremos unha unidade didáctica na clase, e ademais:
- faremos unha enquisa
- escribiremos receitas
- faremos unha presentación de fotos
- sementaremos algo na clase...