domingo, 16 de diciembre de 2012

DECEMBRO 2012: Fichas de busca de información


Traballando en competencias básicas, é preciso saber encontrar a información en textos, imaxes, etiquetas...

Por iso, Lucía e Jéssica están a desenvolver este traballo na aula de PT.

Queres ver as fichas?

DECEMBRO: VELOCIDADE LECTORA 2

Seguimos co entreno en lectura: velocidade e comprensión.
Así que iniciamos co segundo libro, máis longo, "Os catro amigos", que combinamos coas tarefas como a aprendizaxe de campos semánticos, reforzando a ruta visual.

Tamén xogamos con lecturas, algo que podemos practicar na casa:

Lecturitas1
Lecturitas2
Actividades de lectura
Contos e lendas: actividades interactivas 
Contos interactivos





sábado, 15 de diciembre de 2012

DECEMBRO: RECICLAMOS


Na escola estamos a recoller tapóns de plástico para enviar a reciclar con fins solidarios.

Para que a caixa de recollida fose máis accesible e máis atractiva, Mariam fixo unha decoración moi adaptada ao tema.

Queredes ver o proceso de creación?

DECEMBRO: Felicitacións de Nadal

Este ano tamén queremos felicitar os nosos amigos. Por iso, desde a aula de PT participamos en varias iniciativas:





1. O buzón de Papá Noel que está na entrada da escola recibe un montón de felicitacións para todos os que estamos aquí. Repartiranse antes das vacacións. Nós quixemos facer uso desta iniciativa para felicitar os nosos amigos do cole.



2. Os nosos amigos portugueses: os nosos compañeiros do eTwinning tamén nos enviaron a súa felicitación, así que nós non quixemos quedar atrás. Enviámoslles o noso regalo de nadal e as nosos mellores desexos para o próximo ano e as vacacións. Podedes ver aquí os videos.

3. As felicitacións para a familia. Foron feitas nas titorías, porén, Mariam, fíxoa na aula de PT, onde pasa máis tempo e ten moitos materiais.


viernes, 14 de diciembre de 2012

DECEMBRO: OS OBXECTOS SONOROS

A música é a paixón de Mariam. Nesta semana fixemos un obxecto sonoro con forma de boneco. Agora acompaña as nosas cancións e xogos.
Queredes velo?

martes, 27 de noviembre de 2012

NOVEMBRO/DECEMBRO 2012: OS COMPAÑEIROS




Mariam, cada mañá, saúda aos seus compañeiros de clase, que a están axudando a mellorar a súa comunicación.
 Alén diso, cada mañá, na aula de PT, practica no seu coñecemento, para que non se lle esqueza ningún.


Queres ver o libro da aula de quinto?



NOVEMBRO/DECEMBRO 2012: Os sons dos animais

Porque os sons dos animais axudan a vocalizar, a crear, a imaxinar... Estas semanas imos traballar con eles.

Para iso temos libros sonoros, coma estes, que usamos para imitar e recoñecer sons:


Estes son os videos que máis nos gustan:

VIDEO DOS SONS DOS ANIMAIS

VIDEO DOS SONS DOS ANIMAIS 2

VIDEO DOS SONS DOS ANIMAIS 3

VIDEO DOS SONS DOS ANIMAIS DE GRANXA

E hai moitas cancións infantís que nos gustan:

LOS POLLITOS DICEN PÍO PÍO

PATITOS CUA CUA CUA

MI POLLITO AMARILLITO

E para rematar... os animais fan sons moi parecidos noutros idiomas. Mirade esta canción en inglés:



NOVEMBRO/DECEMBRO 2012: Comunicación con fotos

Este é o momento en que iniciamos o paso da identificación de PICTOGRAMAS á identificación de FOTOGRAFÍAS para a comunicación non verbal.

Nun intento para mellorar o proceso comunicativo, a aula de PT encheuse de novas imaxes que substitúen aos pictogramas anteriores, e serven para identificar as actividades que se van levar a cabo, así como para coñecer os intereses de M.

Mira as imaxes:




Pictogramas - presentacion imagenes

Tamén estamos a reforzar o sistema comunicativo por xestos, para o que puxemos en marcha unha concienciación de todos os implicados na educación de Mariam, incluídos os seus compañeiros, para utilizar o mesmo sistema e potenciar o seu uso:



 Imaxes dos xestos na aula de 5º de Primaria, á que pertence Mariam.


                      Imaxes dos xestos na aula de PT, á que asiste Mariam.

lunes, 26 de noviembre de 2012

NOVEMBRO/DECEMBRO 2012: As palabras que viven nas bicicletas

Porque a bici é un soño para calquera neno... Por que non estudamos as palabras que viven nelas?

Iso é o que faremos durante estas semanas.

Tormenta de ideas:


O conto: Pincha aquí para ler o conto que escribiu Borja.


NOVEMBRO/DECEMBRO 2012: Velocidade Lectora

A partir da lectura do libro "A casa dos gatos", comezamos o adestramento da velocidade lectora, mediante exercicios de cronolectura, identificación e rastreo e integración visual.

Tamén xogamos e entrenamos con estas actividades en rede:



domingo, 18 de noviembre de 2012

NOVEMBRO 2012: Conciencia fonolóxica -silábica -palabra

A partir do momento de lectura, traballamos a conciencia en diferentes niveis de composición lingüística.
Para iso, construímos as palabras que se nos "atascaron" durante o proceso lector.
Completamos a sesión con traballo de identificación de palabras.


Despois, sempre hai un momento de xogo.
O AFORCADO

martes, 13 de noviembre de 2012

NOVEMBRO 2012: eTwinning

A partir deste mes os alumnos da Aula PT do CEIP San Xoán participarán nun proxecto europeo eTwinning cun centro educativo das Azores, a EBI 1,2,3 Francisco Ornêlas de Câmara.

O proxecto chámase "Cautivar con lecturas: O Principiño que vive na Biblioteca" e ten como fío condutor de traballo o libro "O Principiño" de Saint Exupéry.
Co proxecto intentaremos que o alumnado estea motivado para a aprendizaxe por competencias, en especial as referidas á lectura.

Para seguir todas as actividades do proxecto temos creado un blog:

http://cativarcomleituras.blogspot.com.es/

Esperamos que nos sigades e disfrutedes connosco das invitacións ao traballo do Pequeno Príncipe.

miércoles, 24 de octubre de 2012

SETEMBRO/OUTUBRO 2012: AS RAS



A partir da canción infantil, decidimos facer uns traballos de plástica e música. 





Estes son os resultados:

O video da canción con interacción de Mariam



E este é o proceso de traballo:
E este é o móbil que fixemos:

OUTUBRO 2012: ESAS SÍLABAS TRABADAS...


Para os nenos con certa manía ás sílabas trabadas... vai este traballiño. Podedes practicar cos xogos JCLIC que aparecen aquí. Ou tamén xogar con abecedarios.

JCLIC 1: Palabras con sílabas trabadas
JCLIC 2: Palabras con sílabas trabadas
JCLIC 3: Palabras con sílabas trabadas
JCLIC 4: Palabras con sílabas inversas
JCLIC 5: Palabras con sílabas inversas



martes, 23 de octubre de 2012

OUTUBRO 2012: COMUNICÁNDONOS POR ESCRITO

Lucía e Jéssica están practicando unha nova forma de comunicación: a comunicación escrita con outras persoas. Para iso, dúas actividades importantes, que o serán aínda máis cando comecemos o noso proxecto europeo...

Escribimos unha carta postal: Correos e as cartas


Escribimos correos electrónicos na aula TIC:


OUTUBRO 2012: PROXECTO TERRA

Lucía e Jéssica están a traballar nas unidades globalizadas do Proxecto Terra, por iso, en outubro traballamos cos seguintes contidos na contorna na que vivimos:
 Materiais de construción da zona:



Árbores que atopamos a carón da escola:


OUTUBRO 2012: AS PALABRAS QUE VIVEN NO FÚTBOL

Borja estivo aprendendo as palabras que viven no fútbol.
As súas actividades foron variadas e podemos resumilas nas seguintes:

TORMENTA DE IDEAS


ENCRUCILLADOS E ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE PALABRAS


SOPAS DE LETRAS


O CONTO DE BORJA: "Os xogadores de fútbol"


martes, 25 de septiembre de 2012

SETEMBRO 2012: Decorando a aula.

O inicio de curso caracterizouse polo coñecemento dos habitantes da aula de PT: A profe, Susana, e os alumnos B, M, L, J...
Tamén fixemos algúns cambios... a clase era un paraíso novo, cheo de cores e de novos recunchos de traballo...
A decoración irá variando ao longo dos meses... quedade pendentes e descubriredes cada un dos nosos segredos.

A aula de PT antes de Setembro de 2012

Antes de Setembro, 2012 Slideshow: Aula’s trip to Becerreá (near Triacastela) was created with TripAdvisor TripWow!

A aula de PT agora:


Nova Decoración Slideshow: Aula’s trip to Becerreá (near Triacastela) was created with TripAdvisor TripWow!