domingo, 1 de marzo de 2015

FEBREIRO: Multiplicando...

Coa axuda de Marta Castro, estamos a practicar un novo método de multiplicación experimental, que forma parte do Traballo de Fin de Carreira da nosa compañeira Marta.

Este método vai ser desenvolvido na aula de PT cos alumnos que a ela acoden de 2º, 3º e 4º de Primaria.

Estas son imaxes dos días de práctica:








sábado, 28 de febrero de 2015

XANEIRO: O dragón comemedo

Os nenos de 2º comparten con nós a lectura do conto "O dragón comemedo"

Este é o vídeo:


viernes, 30 de enero de 2015

XANEIRO: Experimentos coa luz: Un arco da vella.

O 2015 é o ano da luz, polo que o noso alumnado ten que experimentar con este tipo de enerxía para coñecelo mellor.

Aquí están Dani e Javi, de terceiro, facendo a descomposición da luz. Como ben nos contou Lucía na entrada anterior, a luz é unha enerxía que, se ben parece branca, está composta por 7 cores, as cores do arcoiris.

Precisamente traballamos o arcoiris no proxecto europeo e na Semana da Paz. Agora, fixemos un par de arcoiris na clase. Mirade:



Pero, vimos que tamén se pode conseguir a descomposición da luz por outros medios:



Mirade como se consegue:

domingo, 7 de diciembre de 2014

DECEMBRO: Entrevista a Rosa Medeiros

Rosa Medeiros é a profesora coa que traballamos no eTwinning cos portugueses.

Acaba de gañar un premio en Portugal polo proxecto que fixo connosco: A historia da miña casa. Nós tamén tivemos premio porque temos un selo nacional e outro europeo. E fomos Proxecto do Mes en novembro. 

Todos estamos moi contentos.

Cando o soubemos quixemos preguntarlle moitas cousas, así que escribimos un correo con preguntas que ela contestou:

Cando soubeches que tiñas o premio?
Vin no seguinte link  : 
http://etwinning.dge.mec.pt/2014/11/17/premios-nacionais-2014/ (alguén colocara no facebook) e depois recibin email ( 17 de novembro).



Como o celebraches cos teus alumnos?
Neste momento só están na clase 5 dos alumnos que desenvolveram o proxecto. Estivemos a recordar as cousas que tíñamos feito e os socios cos que tíñamos traballado...
 Máis tarde xuntámonos, como podedes ver na foto !

Que levas de premio?
Gañamos ( eu e professora Paula Matos) unha estatuilla, unha  tablet, unha mochila, outra para portátil, unha camiseta, axenda, libro de notas, memoria usb co símbolo etw, boli, etc... Parece que Papá Noel se anticipou :)
Pero levo encima de todo,  orgullo polos nosos alumnos! Eles e todos os colegas  socios son os mellores!!!

Estás contenta?
Si, moito ! Moito feliz  polo traballo colaborativo que resultou tan ben ! Tal tornouse visíble grcias a la  profesora Susana Vázquez que supo apoiar, ensinar, aceptar , suxerir e coordinar... 
Esta alegria é ainda  compartida con todos os socios e profesores colaboradores e encargados de educación. Grazas a todos! Ninguén vence soliño!

Que é o que máis che gustou de ter un premio?
Sabedes? Unha vez lin que a calidade dun proxecto está na calidade de quen o evalúa. Supoño que foi iso o que aconteceu ... o recoñecemento, a emoción ao descubrir que alguén de calidade viu algo moi bon no que foi feito ...

Que vas facer agora?
Continuar a participar em proxectos eTwinning e convidar e entusiasmar novos colegas a ter igual experiencia e así axudar a formar unha Europa máis empeñada, tolerante e solidaria.


"Obrigada Lúcia e Fátima. Um abraço dos Açores!"

sábado, 6 de diciembre de 2014

DECEMBRO: De viaxe á Fundación TIC

VIAJE A LA FUNDACIÓN TIC



Fuimos de excursión a la Fundación TIC para ver como se graban programas de televisión y cómo son las instalaciones de una productora.



El miércoles, día 3, fuimos a Lugo para ver la Fundación TIC. Íbamos los alumnos de 5º y 6º. Fuimos en el autobús y nos llevó mucho tiempo llegar porque no encontrábamos el sitio.

Allí vimos cómo se grababan programas, como es una unidad móvil (que es una furgoneta con cámaras y aparatos para grabar) y cómo son todas las salas en las que se controlan los sonidos e imágenes que vemos después en la tele.





Lo mejor fue que hicimos un telediario: Ainhoa y Martín eran presentadores. Tamara era una reportera y Alex hizo entrevistas. Susana predijo el tiempo.

Nos regalaron una memoria USB con el programa grabado y el vídeo de la Fundación TIC.
Fue muy divertido y yo quería volver.

Lucía G. S.





viernes, 5 de diciembre de 2014

DECEMBRO: Verificando a calidade da información

Cando buscamos información en Internet, precisamos asegurarnos de que sexa de calidade.

Cando escollemos un artigo, para recoller información, necesitamos analizalo para ter seguridade de que é o que precisamos.

Propoñemos este esquema para aplicar ás lecturas que buscamos en Internet. Cantas máis burbullas sexan positivas, mellor será a súa calidade. Proba a aplicalo á próxima busca de información: Coloca unha aspa se consideras que cumpre unha burbulla. Compara os resultados da túa análise cos dos teus compañeiros: Decidamos entre todos cales son os mellores artigos para a nosa busca!


Fontes:

Criterios de calidade: Enlace 1

Imaxe: CanStock Photo

martes, 2 de diciembre de 2014

DECEMBRO: Versionando un conto

No desenvolvemento do Entre Letras "Soños árabes", as nais Aziza e Naima contaron un conto a todos os nenos do cole.

Deste conto fixéronse varias versións, unha por cada clase na que había un neno árabe.

Na aula de PT, Lucía e Fátima fixeron esta versión:


Esperamos que vos guste.